Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Fonteneixe
Outra denominación do ben: Cruceiro do Bao // Cruceiro da Ferrería
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre 4 chanzos de forma cadrada. A súa base moldurada posúe unha inscrición:
“AÑO 1746”
O seu varal, que comeza cunha sección cuadrangular moldurada e continúa en octogonal, da paso a un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso; posúe volutas e vértices achafranados.
A cruz é circular leñosa con nós. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe en actitude de oración, coas mans en cruz sobre o peito e sobre peaña dun anxo no reverso.
Segundo a bibliografía consultada, “a obra é atribuída ós artistas boirenses coñecidos como “Os Núñez”.

A zona foi rehabilitada recentemente.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA003.PDF (Páxina 13)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=11167&ctre=55
https://cruceirosdegalicia.xyz/150110301.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA. BOIRO (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/NFMBoiro.html)
MARTÍN RUÍZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Deputación da Coruña.
LÓPEZ OTERO, María Luisa. (2003). PERCORRENDO BARBANZA. VISITAS POLO PATRIMONIO DA MANCOMUNIDADE DE AROUSA NORTE. Libro I. Ed: ASOCIACIÓN ARTESÁ E ETNOGRÁFICA DO BARBANZA “O FAIADO-2”.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6488039845
Lonxitude: -8.88421922922
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84