Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Fonteneixe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Aínda que a construción é do século XVI, o pazo sufriu diversas reformas, a máis significativa en 1979 realizada polos arquitectos J. M. Bermúdez e J. M. Brey, que ampliaron a escaleira e o patio.
A edificación principal ten planta en forma de U, con teitume a dúas e a tres augas con tella do país.
Na fachada principal destacan os balcóns laterais e o patio, a escaleira de paramento macizo e balaústres pacegos que remata nunha solaina, e sobre o tímpano un escudo heráldico de época barroca. No lintel da entrada podemos ver a data de 1872. A galería, nun lateral, sobre ménsulas e balcón de ferro forxado.
O interior do pazo posúe unha completa colección de pinturas de artistas galegos.

No recinto do pazo tamén se pode ver unha capela do século XVIII adicada á Virxe da Concepción, onde se venera unha imaxe do século XVIII. No lintel da capela aparece unha inscrición coa data de construción: 1872.

O pombal e os hórreos son de principios do século XX.

No recinto destaca tamén:

* Dous hórreos. O pequeno cunha inscrición do ano de construción: 1700; o maior tamén posúe inscrición, hoxe ilexibles, e un reloxo de sol en forma de pináculo na cabeceira principal.

* Un pombal

* Unha fonte, que da nome ao pazo e que mana polo zócalo do edificio.

* Un cruceiro con calvario do ano 1746.

* Un monte e unha explotación de viña de albariño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA002.PDF (Páxina 15)
http://www.boiro.org/boiro/ShowService.do?serviceId=40&fields=NCI1W3&startIndex=6
http://www.arosanorte.net/Pazo%20de%20Fonteneixe%20(Boiro).htm
http://www.cameliagalicia.com/Publicaciones%20varias/2008-camelias%20BarbanzaSEC.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6508833011
Lonxitude: -8.88315707445
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84