Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Barbanza (comarca) / Boiro
Parroquia: Boiro (Santa Baia)
Lugar: Boiro - Rúa Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVII asentada sobre unha anterior do século IX. Posúe planta de cruz latina dunha soa nave, algo desfigurada polo engadido de dúas capelas laterais, con muros cadeirado granítico e cubertas a dúas e a tres augas con tella curvado país.

A nave principal cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faixóns de medio punto que a dividen en cinco tramos. A ábsida e un dos brazos transversais cóbrense con bóvedas de aresta. O ciborio cóbrese con cúpula de aresta con nervios sobre ménsulas. Consérvanse as columnas románicas primitivas a xeito de ornamento. A capela maior, onde se atopan o presbiterio e o altar maior, se rematou no ano 1601 de acordo ás directrices de Gaspar de Arce, mestre canteiro da catedral de Santiago.
A sancristía, a parte máis antiga da igrexa e capela maior do templo anterior, é de planta cadrada e accédese a ela dende o presbiterio. Na capela lateral destaca un escudo coa serea, orixe da estirpe dos Mariño, señores destas terras.

A reforma e ampliación do século XVIII concentrouse na fachada principal, de forma rectangular e rematada por unha cornixa horizontal con balaustrada barroca. No eixo central sitúase o campanario de planta cadrada, inspirada na torre do reloxo da Catedral de Santiago. A portada remátase cun arco plano e, sobre esta, unha fornela adornada con volutas que contén a imaxe da virxe.

A igrexa posúe no seu interior obras do escultor barroco Miguel de Romay.

Segundo a “Compostelana”, o santuario orixinal estaba xa en ruínas cando o Bispo Xelmírez visitou o arciprestado de Postmarcos de Arriba no século XII e impulsou persoalmente a súa reconstrución para consagralo de novo ao culto. Hoxe en día é posible ver restos románicos nos capiteis do interior do templo.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

REFERENCIAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/BOIRO/documents/0070CA002.PDF (Páxina 1)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=5064&ctre=31&volverFicha=true

REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS
VV.AA. (2004). Festas da Guadalupe de Rianxo : 1854-2004. 150 anos de tradición. Ed: Asociación Sociocultural e para o desenvolvemento de Rianxo “A Moreniña”. (en liña: http://festasdaguadalupe.gal/files/4515/6767/6549/Libro150AniversarioGuadalupe_2004.pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6484271749
Lonxitude: -8.88178646564
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84