Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: Os Milagros - Monte Medo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Pola zona traseira do Santuario dos Milagros do Monte Medo, preto da Fonte da Santa, atopamos este carballo centenario.
Esta árbore sobresae dos outros exemplares da zona pola súa condición e as súas características.
Ten as seguintes dimensións: Perímetro na base 12,2m, Perímetro a unha altura de 1,30m 6,25m, altura total 22m, altura do tronco 9m.
O seu aproveitamento para leña prolongouse ata os anos 60 do século pasado, co emprego da técnica tradicional do decotado, deixando só unha ou dúas pólas como tirasaivas.
O seu estado sanitario, en relación ca súa idade e utilización, é axeitado, aínda que adoece de podredumes e danos mecánicos a tratar.
Amosa manifestacións de epifitismo na parte alta do tronco, onde vexetan silvas e un sanguiño.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Conta a lenda que neste carballo se lle aparece a imaxe da Virxe a unha xoven pastora.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.geocaching.com/geocache/GC3Z11A_o-carballo-centenario-dos-milagres


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.232204
Lonxitude: -7.628121
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84