Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dumbría
Parroquia: Santa Uxía do Ézaro
Lugar: Santa Uxía
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de planta basilical con capela maior separada da única nave mediante arco triunfal sen decoración, formado por un arco de medio punto sobre pilastras. A nave do templo aparece compartimentada na súa estructura interior en catro tramos separados entre si por seis pilastras. A nave cóbrese con bóveda de canón e reforzada por tres arcos faixóns que descansan sobre tres pares de pilastras. Ós pés da nave aparece un coro alto de pequenas dimensións que comunica coa nave da igrexa mediante unha pequena escaleira.
A igrexa cóbrese con teitume a dúas augas que contribúe a reforza-la simplicidade de todo o conxunto constructivo. A iluminación do interior da igrexa realízase mediante xanelas rectangulares. Estes vans teñen unha disposición simétrica nos muros que están orientados ó norte e ó sur. A fachada principal, situada ó oeste, segue un esquema compositivo pentagonal na súa parte central. Un eixo vertical domina a súa composición e divídea en dúas partes simétricas. Segue un esquema usual na zona: o superpoñer nunha secuencia formal á principal, unha pequena fornela enriba da porta principal cunha imaxe enriba dun pedestal e unha xanela enriba desta. Sobre o muro sur levántase a torre das campás con dous corpos, esta sobresae da fachada rompendo esa simetría plana, o corpo inferior fórmano catro arcos de medio punto sobre piares; o superior forma o remate da torre cunha forma piramidal rematado por un pináculo moldurado con bóla.
No seu interior acolle unha escultura que representa a San saturnino. É unha fermosa talla do século XVIII que reflecte o culto popular ó santo nesta zona. Rep`reséntase por unha túnica e un manto, portando a palma do martirio e o cerebro. Outra imaxe a destacar é a da Virxe do Carme, unha obra realizada no obradoiro compostelán dos irmáns Rivas que condensa a devoción popular das vilas mariñeiras nesta zona da Costa da Morte.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”, vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9213277853
Lonxitude: -9.10399973395
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84