Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Sabadelle (San Martiño)
Lugar: Sabadelle – Pombal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

A arquitectura do monumento do século XIX forma un corpo composto de perpiaños ben escuadrados, centrado pola fornela. Consta dun só corpo con gran nicho con arco de medio punto sobre repisa, que está decorado no seu contorno con baixorelevo e moldura decorativa.
A fornela, na actualidade carente de imaxe, está protexida por unha reixa de ferro, na súa parte inferior ten un oco que contiña unha caixa para as esmolas..
A arquitectura anímase con unha moldura de guarnición lisa nos bordes. Dando comedidos efectos claroscuristas, estes aumentan na cornixa moldurada de proxección curvilínea, sobre a que asentan harmoniosos pináculos e sinxela cruz latina central sobre pedestal.
A data de construción do monumento aparece gravada na parte superior do arco do nicho “1836”

Atopámolo ás aforas de Sabadelle, en cruce de camiños entre a estrada que sube dende Velle e unha que sae en dirección a Tibiás.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA011.PDF (P.3)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3595349095
Lonxitude: -7.81457975507
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84