Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: O Xobre ou Maño (Santa María)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa construída na segunda metade do s. XVIII sobre outra de época medieval. Feita a base de cadeirado granítico con teitume a dúas augas. Posúe unha nave principal de planta rectangular, unha capela maior na cabeceira, a sancristía pegada no lateral Norte e da torre-campanario do s. XIX.
Na fachada principal, de época barroca, pódese ver a porta de aceso moldurada sobre a que aparece un frontón triangular sobre alzado que exhibe un escudo de armas e coroa da Casa de Xunqueiras. Nos laterais dúas fornelas coas imaxes da Nosa señora da Candelaria, titular da parroquia, e san Xosé. Enriba aparece unha venta cadrada. A torre campanario é de planta cadrada, formada por tres corpos superpostos que se coroa cunha cúpula con nervios. O remate faise por medio dunha cornixa en horizontal coroada por unha cruz no centro e dous pináculos nos extremos.
A nave central, dividida en catro tramos por arcos de medio punto con arranque nos muros, está cuberta por unha bóveda de canón rebaixada que se apoia en tres arcos faixóns que descansan sobre ménsulas, unidas entre si por unha moldura. No primeiro tramo, no lado Sur e aproveitando a base da torre, ábrese un espazo dedicado ao baptisterio. Un arco triunfal de medio punto divide a nave da capela maior, que é máis estreita, de planta rectangular e cuberta con bóveda de canón.
No interior destacan os retablos do presbiterio, do século XVIII pero reformado a finais do XIX, e un conxunto moderno que representa á Virxe do Carme rescatando a dous mariñeiros náufragos no medio da tempestade.

A igrexa actual é a terceira edificación que se levanta dentro do mesmo solar. Consagrouse o 1 de agosto de 1723. A sancristía é obra do ano 1730, e o campanario do 1921.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha nº 97 – Páxina 128)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23499&ctre=31


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5961923162
Lonxitude: -8.92923474312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84