Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Santiago do Deán (Santiago)
Lugar: O Couto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección octogonal. A súa base cuadrangular moldurada posúe unha inscrición co ano da súa construción: 1750.
O seu varal comeza con sección cadrada con moldura e continúa con sección octogonal, que remata nun capitel cuadrangular, con astrágalo cuadrangular liso, ábaco, lados curvos, vértices chaflanados, volutas, cunchas, orlas vexetais e cabezas de anxos en cada unha das súas caras.
O conxunto remata nunha cruz de sección circular, leñosa e con nós, coas imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI, e a da Virxe en actitude de oración, con mans en cruz sobre o peito e sobre unha peaña con forma de anxo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 41 – Páxina 71)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=11190&ctre=55&volverFicha=true


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6079502635
Lonxitude: -8.93815845251
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84