Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Caramiñal, O (Santa María a Antiga)
Lugar: A Pobra do Caramiñal - Rúa da Feira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación dos séculos XVI – XVIII, feita a base de cadeirado granítico e teitume a dúas augas con tella curva do país. Posúe un patín que leva á planta alta.
Na fachada principal destaca a portada alintelada sobre ménsulas laterais e o gravado en relevo da cuncha e o bordón do peregrino que identificaba o uso do inmoble.

Esta casa funcionou como hospedaxe de caridade da antiga ruta xacobea ao seu paso pola vila.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

El Concello de A Pobra estuda a adquisición desta edificación para restauralo e facer un albergue de peregrinos (ver referencia bibliográfica do 11 de febreiro de 2020).


Referencias bibliográficas:

http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 38 – Páxina 68)

https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/pobra-convertira-un-albergue-antiguo-hospitalino/idEdicion-2020-02-11/idNoticia-1229073


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6061468839
Lonxitude: -8.93898054957
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84