Igrexa de Santa María a Antiga
Catalogouno Oscar Franco o Set 20, 2014 • 1:13 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Caramiñal, O (Santa María a Antiga)
Lugar: A Pobra do Caramiñal
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa feita a base de cadeirado granítico con teitume a dúas e catro augas. Posúe planta rectangular, con nave principal, nave lateral e cabeceira cuadrangular sostida por dous contrafortes no exterior. No século XX se lle engadiu unha nave lateral, o primeiro tramo da década de 1930 e o segundo do ano 1971.
A nave principal, do ano 1702, divídese en cinco tramos por arcos faxóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón rebaixada. No pasado estivo cuberta cun artesoado de madeira. Un arco triunfal de medio punto separa a nave da capela maior. Esta, do ano 1560, cóbrese cunha bóveda de crucería nervada e sete claves en forma de floróns.
A sancristía está situada no lado do Evanxeo, xunto á cabeceira; data do s. XVI e foi reformada recentemente.
A ábsida destaca pola súa arquitectura, con contrafortes escalonados nos ángulos para soportar as presións da bóveda, e a decoración das gárgolas en forma de aguias, na cornixa e no escudo.
A fachada principal ten unha portada alintelada coroada por un un entaboamento e un frontón triangular cunha representación da Virxe con San Pedro e San Pablo; seguidamente aparece un rosetón con celosía e un escudo cos brasóns dos Sarmiento, Bolaño, Sotomayor e Zúñiga. A espadana é dun corpo con dous arcos de medio punto e remate triangular con outro van.
No interior ten varios retablos dos séculos XVII, XVIII e XIX, con esculturas. O retablo maior, datado na segunda metade do século XVII, está profusamente decorado; e o retablo lateral contén unha imaxe da Virxe do Carmen.
A construción da igrexa de Santa María a Antiga foi promovida no ano 1560 polo cabaleiro Gómez Pérez das Mariñas e Xunqueiras, heroe na batalla de San Quintín. Sen embargo as obras se demoraron e a consagración definitiva ten lugar no ano 1702, durante o goberno local e parroquial dos marqueses de Parga. Estas circunstancias xustifican a presencia dos seus respectivos brasóns no presbiterio e na fachada.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 32 – Páxina 62)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=5073&ctre=31
http://santamariaaantiga.blogspot.com.es/p/historia.html
http://www.arosanorte.net/Iglesia%20Santa%20Maria%20A%20Antiga%20de%20o%20Caraminal%20Puebla.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6035567172Lonxitude: -8.93971681595
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84