Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Lama Má (San Cibrao)
Lugar: Xocín
Outra denominación do ben: Vía XVIII
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Antiga calzada romana que pasaba pola zona de Xocín, identificada neste cruce de camiños próxima ó pobo, e que cruzaba o concello de Baños de Molgas.

A vía Nova era unha calzada romana, que unía as cidades de Bracara Augusta(Braga) e Asturica Augusta (Astorga) ó longo dunhas 210 millas romanas (uns 330 quilómetros).
No itinerario de Antonino recibía o nome de Vía XVIII.
A Vía atravesaría a actual provincia de Ourense seguindo unha diagonal do suroeste a nordés. É unha das vías galegas das que mellor se coñece o seu trazado.Foi construída no século I d.C. por Tito Flavio Vespasiano, e restaurada en tempos de Maximino e o seu fillo Máximo. O seu trazado vén reflectido con detalle noItinerario de Antonino (século III). Unha das mansións (parada de postas e hospedaxe) que aparecen neste itinerario estaba situada no actual Sandiás. O seu trazado estaban sinalizadas as millas romanas por medio de miliarios ou agrupacións de miliarios. Este trazado é o que conserva o maior número de miliarios de toda Europa.
Unha das etapas ou mansións do servizo de correos (Cursus publicus), desde Braga, citadas no Itinerario de Antonino é Salientibus actual Baños de Molgas.

Seguindo a Segundo Alvarado, J. Carlos Rivas e Tomas Vega, a vía comezaría na milla LXXV, vindo dende Sobradelo (Xunq. De Ambia). Entraría polas fincas, sen seguir ningún camiño actual, até cortar coa antiga Verea dos Galegos, coincidindo neste punto coa estrada de Guamil a Penouzos. Dende aquí, seguindo un rechán a media ladeira pasaría polo W-Miamán e novamente afastada dos camiños actuais iria até atopar o actual camiño a Froufe, no cruce que baixa de Guamil. En Froufe,onde se reduce a milla LXXVII, o trazado seguiría cerca do camiño actual até A Lama e despois a Vide. Dende aquí,cara N, cruzaría o Arnoia nunha ponte desaparecida, e pasando ao pé dunhas granxas chegaría á estrada Baños-Milagres, seguíndoa até apartarse en Porto Galego. Dende aquí, por un terreo chan chegamos á redución da milla LXXIX. Seguimos até cruzarnos cun vello camiño que iria de Tioira a Vide para saír do concello. Se ben este tramo descrito considérase o principal, os autores citados recollen unha 2ª alternativa, ou variante desta vía XVIII nos seus primeiros anos, que quedaría despois con usos secundarios. Partiriamos de Miamán, con dirección a Xocín e cruzaría o Arnoia por Portocalvelo e seguiría pola Veiga do Calvelo, en dirección NE ata saír do concello.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA32007018
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://gl.wikipedia.org/wiki/V%C3%ADa_Nova


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Practicamente desaparecida, onde coincide con camiños actuais, está totalmente destruida.


Onde está localizado

Latitude: 42.2060545901
Lonxitude: -7.64242887497
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84