Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Caramiñal, O (Santa María a Antiga)
Lugar: A Pobra do Caramiñal - Rúa San Roque
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XX,
Descrición:

A Villa Eugenia posúe planta rectangular con teitume a dúas augas, e está feita a base de cachotería e perpiaños graníticos nos esquinais e marqueados nos vans, con planta baixa, primeiro andar e baixo cuberta. Na planta principal os vans ábrense a balconadas con fermosas reixas. Na fachada posterior ábrese unha grande galería cara aos xardíns.

Os pais do doutor Antonio Abalo, director do Hospital Real de Santiago ata o seu peche, fixeron construír esta casa, en torno a 1880. O doutor Abalo emprestoulle o baixo cuberta ao escritor Ramón Mª del Valle-Inclán entre os anos 1921 e 1925, e nela redactaría varios dos seus libros. Na planta baixa o doutor tiña instalada a súa clínica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 76 – Páxina 106)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23520&ctre=39
http://www.ezaroediciones.com/wp-content/uploads/2010/03/5_2-g8_cronica_valle.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6030759846
Lonxitude: -8.93957734108
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84