Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións políticas (concellos...),
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: O Caramiñal (Santa María a Antiga)
Lugar: A Pobra do Caramiñal - Rúa Gasset 28
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificio feito entre os anos 1886 e 1888, obra de Faustino Domínguez (primeiro arquitecto provincial). Posúe muros de cachotería e cadeirado De planta rectangular, a edificación ten planta baixa e un piso superior.
Destaca a súa fachada cun balcón de ferro forxado, a cornixa con motivos ornamentais, que se interrompe na parte central pola presenza dun frontón partido que alberga o reloxo e un escudo. A porta de entrada principal está enmarcada por unha pedra de armas e diversas molduras lábranse nos linteis dos vans. Unha magnífica escaleira de cantería comunica os dous pisos.
Na planta superior altérnanse portas balconeiras e balcóns voados, enmarcándose todos os ocos con molduras conforme ao gusto ecléctico da época.
Inicialmente estaba destinado a colexio de nenos e nenas separados.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoInfraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 61 – Páxina 91)
http://www.arosanorte.net/Casa%20do%20Concello%20Puebla.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6033543558
Lonxitude: -8.93901407719
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84