Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: A Pobra
Lugar: A Pobra do Caramiñal - Rúa da Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación de finais da década dos oitenta do século XVIII que se construíu como cárcere.
De planta rectangular e muros de cadeirado granítico, o que podemos ver hoxe en día son os muros laterais e a fachada, esta última con arco rebaixado.
A Casa está formada por dous corpos, planta baixa e principal, interrompido por un frontón curvo que acolle un escudo co cáliz e a hostia do Reino de Galicia baixo a coroa do marquesado; nos cuarteis as armas dos Bolaño, Arias, Moscoso e Soutomaior e a estrela dos Mariñas; no escudete central, cuberto por un helmo fidalgo, os xuncos dos Xunqueiras Nos extremos sobresaen dúas grandes gárgolas e dúas ventás con mainel, todo isto baixo unha cornixa moldurada continua.

No seu tempo, a Casa da Cadea pertenceu á xurisdición dos señores da fortaleza de Xunqueiras, os cales por antigüidade tiveron privilexio de “poner justicias, escribano de número, alguacil mayor, alcalde de cárcel, procuradores de causas, y anualmente elegir regidores; y … sustituir a los Jueces en sus enfermedades y ausencias”.

O edificio foi mandado construír por orde de Domingo Gayoso de los Cobos, un poderoso nobre de Galicia. Foi herdeiro dos seus pais do Condado de Amarante, o marquesado de San Miguel de Penas e o marquesado de Parga (que incluía a xurisdición da vila do Caramiñal), e dos seus tíos maternos o Condado de Ribadavia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 52 – Páxina 52)
http://www.arosanorte.net/Casa%20da%20Cadea%20Puebla.htm
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23516&ctre=39
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/ruina-noble-villa-pobra-casa-da-cadea/idEdicion-2013-03-18/idNoticia-796696/
https://listarojapatrimonio.org/ficha/casa-da-cadea-carcel/?fbclid=IwAR2nuMvGfPhteAC19IHICAUKHO8ZZ-v4iilryxzX_UfhydtvzPW9o3FzIgo
https://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/lista-roja-casa-da-cadea-pobra/idEdicion-2019-10-28/idNoticia-1210406?fbclid=IwAR0p5QBeL6WyRCIkCq8CrEQByoLOokWOz_OrSvSXG2-dg78rRV0pZYQvQt4


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O 25 de outubro de 2019 está edificación pasou a formar parte da “lista roja de patrimonio” (ver referencia bibliografía)


Onde está localizado

Latitude: 42.6021569557
Lonxitude: -8.93732696772
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84