Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Riós
Parroquia: Riós (Santa María)
Lugar: Riós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa rematada no ano 1718. É de planta rectangular con presbiterio un pouco máis elevado ca nave e sancristía posterior. Muro de cadeirado e porta e ventá da fachada alinteladas e enmarcadas. Campanario de dous corpos cuberto con cúpula de media laranxa rematada con cruz de ferro. No interior tallas Santa Ana, San Xaquín, Santa Lucía e o Santo Cristo. A parte central do retábulo presenta o sagrario en forma de baldaquino, adornado con columnas salomónicas, cunha magnífica talla da Virxe da Asunción, atribuída, pode que erroneamente, ao escultor renacentista Juan de Angés.
Existe constancia doutro edificio parroquial máis antigo. Do enxoval deste primeiro templo consérvase un cáliz do século XVI, unha cruz procesional do prateiro Isidro de Montanos do século XVII, e unha naveta con filigrana plateresca.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Pxom do Concello de Riós


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9741873515
Lonxitude: -7.28582382202
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84