Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vilardevós
Parroquia: Arzádegos (Santa Baia)
Lugar: Florderrei Vello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Edificada sobre un primitivo castro. Templo de planta rectangular cuberta a dúas augas, con presbiterio máis elevado. Muros de perpiaño de granito. A fachada presenta unha porta alintelada sobre o que hai un óculo central. Espadana dun arco coroada por dous pináculos e unha cruz de granito. No interior retábulo barroco onde se ve a resurrección de Xesús e a ascensión de María. Ao pé da porta lateral sur a pía de auga bendita ten como pé o tambor dunha columna romana.

No Pxom do Concello figura erradamente como capela de San Roque, unha ermida que pertence á parroquia de Vilardevós.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Nas inmediacións realizábanse rituais paganos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Pxom do Concello de Vilardevós

Castros de Galiza en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.8763610438
Lonxitude: -7.3090839386
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84