Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Vilardevós
Parroquia: Soutochao (Santa María)
Lugar: Tomonte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Trátase de dous bucranios (relevos en pedra coas figuras de cabezas de touro) que foron reutilizados e empotrados na parede dunha fonte pública.
Na arte, un bucranio, do grego “bukranion”, é un ornamento que reproduce o cranio dun boi, xeralmente ornado de grilandas e cintas, propio da arte grega, romana e renacentista, quizais en alusión ás vítimas que en sacrificio eran ofrecidas a unha divindade ou a un santuario.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Pxom do Concello de Vilardevós
Romanización de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galizagalicia-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8867612925Lonxitude: -7.20870494843
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
elixiovieites says:
Set 22, 2014
A fonte de Tomonte no pxom de Vilardevós do ano 2008
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILARDEVOS/documents/26687CA014.PDF Ficha E-101, (pax 7 do pdf)
elixiovieites says:
Set 22, 2014
Os bucranios romanos da fonte de Tomonte no pxom de Vilardevós
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILARDEVOS/documents/26687CA018.PDF (pax 5)
Xabier Moure says:
Set 22, 2014
Por que non “bucránio”? A palabra vén do grego “bukranion”. “Bu” igual a boi/touro máis “Kranion” igual a cránio, é dicir: Cabeza de boi. “Cráneo” é castelán. Para ser exacto, en galego tería que ser BOICRÁNIO.
Xabier Moure says:
Set 22, 2014
Perfecta a corrección dos editores (no presente caso a Elixio). Cranio, en efecto, non leva til, e que eu, erradamente, lle colguei.
elixiovieites says:
Set 23, 2014
Sen til ou con til, bucráneo ou bucranio, o importante é que pouca xente os coñecía, eu dende logo nin oira falar deles. Creo que non se pode atopar o que non se busca, eu nunca buscaría un bucranio en Galicia. Haberá que mirar máis catálogos de pxoms. Cando poda irei a velos. Aquí un artigo onde se citan estes bucránios
http://www.websendesarrollo.com/wp-content/uploads/O-Gamoal-en-Galicia_editado.pdf
A verdade é que Vilardevós ten un amplo catálogo de Bens Culturais no seu pxom do 2008:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILARDEVOS/documents/26687CA001.PDF
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/iotpu.php?iddoc=26687
Saúdos Xabier
Eladio Anxo says:
Mar 30, 2015
Non sabía nada deles, e parecéronme dignos de ver, mesmo me gustou o lugar onde está ubicada a fonte. O peor é que se van deteriorando sen remedio e o cartel verde ao carón dos bucranios, horroroso.
Temos tantas cousas bonitas e valiosas e non as valoramos!