Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Posmarcos (Santo Isidoro)
Lugar: A Mercé
Outra denominación do ben: Casal do Priorato de Nosa Señora da Mercé
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Construción do século XVI feita a base de cachotaría de granito revogado e encalado. Posúe planta rectangular cunha capela adxunta e outras construcións anexas de uso agrícola.
O edificio foi reformado varias veces durante os séculos XVII e XIX. Nel destaca unha fachada con catro vans alintelados que forman portas balconeiras en planta alta, dúas de elas con varandas de ferro.
Tamén podemos ver un escudo de armas do século XVIII coas armas das familias nobres da zona labrado en posición central acuartelado pola cruz de Ribadeneira

Neste pazo viviu D. Ramón Mª. Del Valle Inclán entre 1917 e 1921, durante as súas estancias na Pobra.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 18 – Páxina 46)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9365&ctre=36
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2015/12/11/defensa-do-casal-da-merce/0003_201512B11E2991.htm
http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago?idEdicion=706&idNoticia=234368
http://www.ezaroediciones.com/wp-content/uploads/2010/03/5_2-g8_cronica_valle.pdf

https://www.elcorreogallego.es/concellos/preocupacion-por-el-ruinoso-pazo-da-merce-tras-casi-40-anos-de-abandono-DG11241615
https://historiadegalicia.gal/2022/05/o-pazo-da-merce-a-gran-casa-do-xvi-abandonada-e-en-perigo-na-que-viviu-valle-inclan/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O Pazo sufríu un incendio no ano 1983 que o destruíu por completo.


Onde está localizado

Latitude: 42.622125752
Lonxitude: -8.92220467329
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84