Igrexa parroquial de Santo Isidoro de Posmarcos
Catalogouno Oscar Franco o Set 24, 2014 • 12:39 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: Posmarcos (Santo Isidoro)
Lugar: Santo Isidro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Século XIX,
Descrición:
Igrexa feita a base de cantería granítica, con planta rectangular dunha nave única dividida en tres tramos por arcos de medio punto, á que se acaroan a capela maior e a sancristía con espadana. Posúe teitume a dúas augas con tella curva do país.
No exterior destaca a súa fachada principal con porta moldurada en cambas e lintel, de arco de medio punto; tamén podemos ver diversos elementos tallados de corte popular como son un tondo co cáliz e a hostia eucarística, outro cun brazo que porta un báculo abacial (o curato foi de presentación da abadía de San Martín Pinario) e, no medio de ambos, o busto dun personaxe mitrado e con báculo, en actitude de bendicir, que podemos identificar con San Isidoro bispo. Finalmente, sobre o oco de iluminación rectangular, unha representación da Virxe do Socorro. Segundo unha inscrición, esta fachada fíxose no ano 1600.
No lado dereito da edificación aparece unha espadana á que se accede dende o exterior. As cornixas que marcan o corpo das campás e as volutas da espadana son obra de finais do século XVIII.
No interior destaca un retablo neoclásico, no que sobresae o uso da pintura que imita ao xaspe listado.
O edificio actual, do século XII, é o produto de sucesivas ampliacións e reformas nos séculos XVIII e XIX. A igrexa conserva algúns elementos dese primitivo templo románico, como unha porta cegada no muro N e dúas das cruces de consagración nas cambas da porta principal.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.apobra.org/images/stories/pxom/xeral/4_CATALOGO%20DE%20BENS%20E%20EDIFICACIONS%20OBXECTO%20DE%20PROTECCION.pdf (Ficha 1 – Páxina 29)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=23496&ctre=31
http://www.arosanorte.net/pobra/igle-san-isidro-ga.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6276715037Lonxitude: -8.93372476101
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84