Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Sober / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Proendos
Lugar: A Igrexa (no pombal)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico, Idade do Bronce,
Descrición:

No afloramento granítico sobre o que se ergueu un pombal, atópanse dúas coviñas e dous motivos circulares, un de 20 cm. de diámetro e tres círculos concéntricos con coviña central e outro de 10 cm. de diámetro e coviña central.
Foi da man de Lois Diéguez, cando estaba preparando o seu fermoso libro Viaxe ás Terras Encantadas de Lemos (A Nosa Terra, 1999), cando se atoparon os debuxos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA27059003
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Do pombal partían catro brazos empedrados que remataban nun paseo por todo ao redor do muro da finca: era o xardín dos curas de Proendos.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

O Colado do Vento: http://coladodovento.blogspot.com.es/search/label/PETROGLIFOS


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4518130978
Lonxitude: -7.5846272707
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84