Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Portas
Parroquia: Briallos (San Cristovo)
Lugar: Briallos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XV, reformada no ano 1727 segundo consta na fachada principal. Consta dunha nave rectangular cuberta en tella a dúas augas. O presbiterio, cuberto a catro augas, é máis alto ca nave. Espadana de tres vans. No interior acolle uns retábulos do século XVIII onde se pode ver a imaxe do patrón San Cristovo. Tamén hai un retábulo de pedra que ben puido pertencer ao templo anterior.
A antiga igrexa pertenceu a un antigo cenobio dependente de San Paio de Antealtares, logo anexionado como priorado a San Martiño Pinario, en Santiago.
Frei Martín Sarmiento, na súa Viaxe a Galicia no ano 1745, cita un priorado de Barosa, na mesma parroquia de Briallos.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mosteiros de Galiza en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5640784945
Lonxitude: -8.6384510994
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84