Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento, Ermida,
Concello: Cariño
Parroquia: Cariño (San Bartolomeu)
Lugar: San Xiao
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana, Século XIX,
Descrición:
Pequena ermida edificada sobre un asentamento romano. Ten planta rectangular cuberta en tella a dúas augas. Pequena espadana dun van. Para a súa construción utilizouse material da vila romana onde apareceron tégulas, restos de muros, pavimentos, ímbrices e fragmentos cerámicos. Celébrase unha romaría.
Relacionado con San Xiao está o xacemento romano de Figueiras con restos de muros. Preto hai unha fonte coñecida como Fonte da Moura.
De San Xiao parte un roteiro coñecido como “Camiño dos Mortos” que vai ata o Santo André de Teixido.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Romanización de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/coag/mapes/CARINO/documents/0101CA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.7608663852Lonxitude: -7.8632068634
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Oscar Franco says:
Set 25, 2014
A tradición asegura que a actual figura de San Xiao que descansa na ermida chegou por mar en tempos dos piratas, que saqueaban todas as costas polas que pasaban. Ao acercarse a Cariño, os asaltantes decidiron tirar a mar a pequena figura do santo, atándolle unha enorme pedra ao pescozo para afundila. Pero o santo obrou un milagre, liberándose das ataduras chegando á costa cariñesa a nado.
Unha vez alí, a recolleron os mariñeiros da zona, que subiron a figura polo acantilado para construírlle, alí mesmo, a capela.
Sobre a Fonte da Moura, que nace no interior dunha rocha, a lenda fala de mouros e tesouros. Se conta que nas proximidades do lugar desapareceron ovellas de maneira misteriosa, e que de cando en cando se escoita o canto dun galo no interior da rocha.
A Fonte da Moura esconde infinitos tesouros no seu interior, aínda que inaccesibles xa que aqueles que intentan apoderarse deles quedan atrapados no interior da fonte.
Máis información:
http://www.concellodecarino.com/visitar/?txt=historia_lendas&lg=cas
http://galiciapuebloapueblo.blogspot.com.es/2014/08/san-xiao-do-trebo-carino.html
Cpls says:
Xul 5, 2017
O caminho dos mortos do Trevo vai até a freguesia de Régua / Régoa em Cedeira. Pois foi a esta freguesia que pertenceu o lugar do Trevo.
Esta informaçom está nos mesmos paneis informativos que hai na aldeia.