Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Entenza (S. Xusto e Pastor)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben: Castro e Castelo de Pedra dos Mouros
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana, Época Baixomedieval,
Descrición:

Neste lugar podemos ver os restos dun gran recinto fortificado sobre un antigo castro que aproveita os penedos rochosos e a pendente do outeiro no que se asenta como defensas naturais, así como outras estruturas defensivas como foxos e parapetos na súa parte Norte, e aterrazamentos na parte Nordeste, leste e Sur oeste.
No lugar atopáronse diferente material cerámico de época castrexa, romana e medieval.

Os restos do recinto fortificado, que se atopan a uns 124 metros de altitude, poderían ser os do Castelo de Turonia ou Toroña. A primeira noticia que se ten de castelo provén de Prudencio de Sandoval que afirma que en 1140 cando o conde Gómez Muñoz apoderouse dos bens da igrexa de Tui:”et particularmente alçousse con o castelo de Antenza çerca de Tui”, polo que o bispo Paio Menéndez se queixou ao rei Afonso VII, que ordenou a súa devolución. Descoñécese que documentación usou para dicir que era un castelo do bispo tudense, porque en documentos posteriores contrastados afírmase que era de señorío laico e reguengo, así no ano 1217 Afonso IX fai constar que súa muller Dona Tareixa tiña os castelos de Entenza, Castelo de Sobroso, Santa Elena (Nigrán) e Teburia; ata que no ano 1371 é doado por Henrique II de Castela ó bispo de Tui pola súa axuda na Iª Guerra civil castelá. No século XV foi mandado derruír por Isabel a Católica.
Este castelo xogou un papel importante nas loitas contra Portugal

Na contorna podemos atopar petroglifos, fontes e incluso unha mina de auga.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA 36 049 002
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Sobre a mina de auga, conta a lenda que foi un dos pasadizos secretos para entrar no Castelo.
A lenda di que por ese pasadizo se atravesaba o río Miño e se chegaba a Portugal.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA008.PDF (Páxinas 6, 7 e 9)
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/salceda/entenza.html
http://gl.wikipedia.org/wiki/O_Castelo,_Entenza,_Salceda_de_Caselas
http://www.maiv.org/upd/archivos_editor/file/diagnosticoterritorio/typBDoExObbDDpzLUc8U0Xc2R8cDGL.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A presión dunha canteira, hoxe en día abandonada, fixo desaparecer multitude de restos do lugar.


Onde está localizado

Latitude: 42.0838277232
Lonxitude: -8.55426192284
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84