Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Vigo
Parroquia: Cabral (Santa Mariña)
Lugar: A Feira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Este peto, que forma parte da fachada dunha vivenda, ten a fornela de forma rectangular pechado cunha reixa de aluminio. Nela podemos ver a figura de Cristo crucificado rodeado de símbolos da paixón, como a corda, a lanza, o mazo, o cáliz, unha posible patena, unha man, o martelo e as tenaces. Debaixo da Crucifixión aparece a imaxe da Virxe do Carme co escapulario sobre as ánimas en pena, entre os que podemos ver a un bispo con bonete no centro, un tonsurado e homes e mulleres. Tamén aparecen dous anxos nos laterais.
Por riba da fornela podemos ver en unha pequena cavidades coa imaxe de San Xosé e o Neno.

O conxunto posúe dúas inscricións. A principal a podemos ver no lateral esquerdo, gravada na parede da casa:
” HERM. ACORDAOS DE NOSOTRAS CUAL SOMOS SEREIS”.
Aos pés da figura de San Xosé podemos ver a segunda inscrición, tamén gravada na parede, onde aparece a data da súa construción e o seu patrocinador:
” DEV. DE D. JOSE B. ALONSO EN 26 DE SEPTIEMBRE DE 1897″.

A familia propietaria da casa onde se atopa o peto se encarga do seu mantemento.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha EX.05.001 – páxina 78)
http://xosecounhago.com/?p=18
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/12/petos-ptreos-de-nimas-de-cabral_4655.html

BIBLIOGRAFÍA
RODRÍGUEZ PUENTES, Eugenio e ABAD GALLEGO, Juan Carlos. (1990). Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo. Colección Datos. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2275858704
Lonxitude: -8.66140276194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84