Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: Penedo da Demarcación - Monte da Grama
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Alquerque de 9 que posúe a forma tradicional que os caracteriza, os tres cadrados concéntricos e as liñas rectas que unen os seus lados nun punto intermedio.
Durante anos creuse que era unha marca de termo, a división entre as parroquias de Ambía e a de Poedo, isto foi por unha mala interpretación da gravura.
Definiuse como un circulo con coviña interior, dentro de dous cadrados, isto posiblemente polo erosionado do suco e rudimentario do seu trazado.
Atopámolo gravado no Penedo da Demarcación, unha laxe de uns 10 x 12m sito no Monte da Grama, a non moitos centenares de metros onde noutrora estivo a torre dos Ambía, o que nos fai crer na súa datación medieval.

Se ben estes deseños de taboleiros de xogos podémolos datar cronoloxicamente en época medieval como xa apuntamos anteriormente, estes tipos témolos ben documentados en época romana, tanto en textos escritos, que nos narran en que consisten e como se xogan, como arqueoloxicamente, aparecendo na maioría dos casos en elementos construtivos illados ou reutilizados en outras estruturas, tanto líticos como cerámicos ( placas de granito ou lousas, “tegulas” ou tixolos).
No manuscrito titulado “Libro de Ajedrez, Dados y Tablas”, mandado elaborar por Alfonso X, rei de Castela, no século XIII, deféndese que Deus creou os homes naturalmente alegres.. Alegría que lles levou a crear actividades e xogos para que puideran sobrevivir ós traballos, ós aburrimentos do día a día .. A obra destaca a vantaxe dos xogos que se practican cos xogadores sentados, contra os que se fan cabalgando ou a pé, porque todos os poden practicar, de noite ou de día, homes ou mulleres, vellos e fracos…

Xunto co Penedo da Moura e as gravuras do San Vitoiro, foron os tres petróglifos que tivo durante tempo Baños de Molgas documentados.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA32007REF06
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2050731021
Lonxitude: -7.70723640919
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84