Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Santo André de Comesaña (Santo André)
Lugar: O Outeiro - O Calvario - Camiño Nogueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro, situado sobre unha rocha, posúe un varal cilíndrico.
A continuación aparece a cruz, lisa, no que podemos ver a Cristo crucificado no anverso, e baixo a cruz as figuras de San Xoán e a Virxe.

Esta cruz forma parte do Calvario do Vía Crucis, e arredor atópanse encaixadas no muro doce cruces.

A día de hoxe o cruceiro aínda forma parte das procesións de Semana Santa.
O Xoves Santo a procesión chega ao cruceiro, onde se deteñen e cantan o seguinte coa chegada da imaxe do Cristo:
“El sol se vistió de luto,
la luna se eclipsó,
las piedras se conmovieron,
cunado Jesús expiró”

Cando chega a imaxe da Virxe se canta o seguinte:
“La Virgen de los Dolores
tras de sus varones va,
va en busca de su hijo
que lo llevan a enterrar”.

Cando rematan os cantos, e antes de marchar, cantan o seguinte:
“Dadnos Señor buena muerte
por tu Santísima muerte”

Segundo o arqueólogo José Manuel Hidalgo “Este singular crucero cuenta con mucha devoción y numerosas leyendas que tratan sobre episodios relacionados con él.
Es interesante comentar las numerosas cazoletas o huecos artificiales que se pueden observar en la pared delantera de la roca en la que está “clavado” este crucero. Podría estar hablándonos de ritos religiosos primitivos vinculados a este lugar en concreto y que se relacionan en alguna medida con algunas de las costumbres recogidas (como que en Semana Santa al atardecer, se encienden dos antorchas a los lados del mismo…). Sería muy importante estudiar en más profundiad este crucero y el folclore que lo rodea, aún en nuestros días”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Contan que un veciño foi ofrecido ao Cristo da Boa Morte por mor dun accidente. No día do Xoves Santo, ao chegar a procesión ao cruceiro, botáronse bengalas para que o fillo curara. E, finalmente, o fillo curou.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINA WEB
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=18428&ctre=55&volverFicha=true
http://gl.wikipedia.org/wiki/Santo_Andr%C3%A9_de_Comesa%C3%B1a,_Vigo

BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1988323431
Lonxitude: -8.75534914434
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84