Outra fotografía:
Tipo de ben: Calvario, Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Valadares (Santo André)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro que nace sobre tres chanzos de sección cuadrangular, o inferior case soterrado. A súa base, tamén de sección cuadrangular, posúe a seguinte inscrición:
“ANO 1664”
O seu varal é de sección octogonal cun pequeno colariño. A continuación podemos ver o capitel formado por un bloque cúbico coas gravuras en todas as súas caras de dúas volutas.
Na unión do capitel coa cruz podemos ver unha peza de ferro moi oxidado que serve de reforzo da unión das dúas pezas.
A cruz, de sección cadrada e cos brazos potentados, posúe as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e da Virxe coas mans en actitude de oración e con Cristo no colo no reverso. Na parte baixa da composición aparece a figura dun querubín.
Ao carón deste cruceiro podemos ver dúas cruces máis, de factura sinxela, de sección cadrada. Recentemente aínda existía outra cruz máis do mesmo tipo no lugar.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINAS WEB
PXOM CONCELLO DE VIGO – Agosto 2021 (ficha AR.28.001_C – páxina 92)
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/11/cruceiro-y-cruces-de-valladares.html
http://cruceirosdegalicia.xyz/3605707.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=19191&ctre=55&volverFicha=true
http://www.valladares.tv/content/patrimonio
BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.
Prado González, Manuel Gonzalo. (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed. Diputación de Pontevedra
Prado González, Manuel Gonzalo (2010). CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DO VAL DO FRAGOSO. ACTAS DO IIº CONGRESO GALEGO SOBRE “CRUCEIROS E CRUCES DE PEDRA””. Editor: E F. de la Cigoña
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.177664651Lonxitude: -8.72407324612
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84