Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Matamá (San Pedro)
Lugar: O Pazo - Rúa Manuel Cominges
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O cruceiro nace sobre unha base cuadrangular, coas arestas rebaixadas, no que podemos ver a seguinte inscrición:
“ESTE CRUZE
RO MANDO FA
CER EL Ldo Po CO
MESAÑA BETRAN
AÑO 1691”
O seu varal, de sección octogonal, remata nun colariño. A continuación podemos ver o capitel, de estilo xónico, con dúas volutas por cada un dos seus lados.
A cruz, de sección cuadrangular, posúe a imaxe de Cristo crucificado.
O conxunto remata cun pousadoiro de pedra, posiblemente para apoiar os cadaleitos, que data do ano 1953.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINAS WEB
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/12/los-cruceiros-de-matam-y-de-lavadores_17.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/360571301.html
http://xosecounhago.com/?p=536
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=18429&ctre=55&volverFicha=true
BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo. (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
VÁZQUEZ GIL, Lalo. (2004). BOUZAS. Memoria y recuerdo” de Lalo Vázquez Gil. Concello de Vigo.
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1993641493Lonxitude: -8.73746216297
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84