Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Bouzas (San Miguel)
Lugar: Rúa Cruceiro Vello
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre tres chanzos cuadrangulares. A súa base cúbica na súa parte inferior e nacelada na superior posúe unha inscrición nas súas catro caras que di o seguinte:
“A DEVOCION DE
MANUEL GARAMAL
SU MUGER Mª. ANT. TRONCOSO
AÑO DE 1802”

O varal, de sección cilíndrica, da paso a un capitel de tipo xónico, con volutas nos ángulos e follas de acanto, e cuns anxos alados en tres das súas caras. No seu anverso podemos ver unha caveira.
A cruz, con nos, ten forma redonda e imita á madeira. No anverso aparece a imaxe de Cristo crucificado baixo cartela de INRI, e no reverso aparece a Virxe que está sendo coroada por dous pequenos anxos, y situada sobre unha representación da Lúa e unha serpe.

O conxunto foi restaurado no ano 2010. As procesións de Semana Santa aínda seguen pasando ao seu carón.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

“(…) mandado construir por un carniceiro chamado Manuel de Carramal ao non poder entrar na cofradía por considerarse indigno o seu oficio.”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PÁXINAS WEB
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/09/los-cruceros-de-bouzas.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=18431&ctre=55&volverFicha=true
http://xosecounhago.com/?p=1040
https://cruceirosdegalicia.xyz/3605706.html

BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo. (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
CASTELAO, A.R. “As cruces de pedra na Galiza”Bos Aires. 1949. (Lámina I)
PRADO GONZÁLEZ, Miguel Gonzalo. CRUCEIROS, CRUCES E PETOS DE ÁNIMAS DO VAL DO FRAGOSO. ACTAS DO IIº CONGRESO GALEGO SOBRE “CRUCEIROS E CRUCES DE PEDRA””. Editor: E F. de la Cigoña.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2243921005
Lonxitude: -8.75020802021
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84