
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Bouzas (San Miguel)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos de forma hexagonal. A base é cuadrangular coas arestas rebaixadas. Estes dous elementos son de recente factura.
O seu varal posúe o primeiro tramo cúbico e continúa biselado nas catro esquinas, debuxando oito caras.
O capitel, de tipo xónico, posúe volutas e follas de acanto. Tamén aparece a imaxe dun querubín.
A cruz é de sección cuadrangular no que aparecen as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e da Virxe con Cristo morto sobre o seu colo no reverso. Baixo os seus pés hai unha cabeza de querubín.
Diante do cruceiro podemos ver unha ménsula de pedra de apoio de cadaleitos.
Fai anos este cruceiro se atopaba no antigo cemiterio.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PÁXINAS WEB
http://vigoetnografico.blogspot.com.es/2007/09/los-cruceros-de-bouzas.html
http://cruceirosdegalicia.xyz/3605704.html
http://xosecounhago.com/?p=1488ç
BIBLIOGRAFÍA
Rodríguez Puentes, Eugenio, Abad Gallego, Juan Carlos. “Cruceiros, cruces e petos de ánimas no Concello de Vigo” Colección “Datos”. Datos/2. Concellería de Cultura. Concello de Vigo. 1990.
PRADO GONZÁLEZ, Manuel Gonzalo. (2013). Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas en Terras de Fragoso. Ed: Diputación de Pontevedra.
CASTELAO, A.R. “As cruces de pedra na Galiza”. Bos Aires. 1949. (Lámina LVIII)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2131813473Lonxitude: -8.75292040408
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84