Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: As Pontes de garcía Rodríguez
Parroquia: As Pontes de García Rodríguez (Santa María)
Lugar: As Pontes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Atópase no Concello. Ara de granito que conserva a cornixa só na cara posterior. Atopada no ano 1963 por don Enrique Rivera Rouco na ermida de Santa Olaia de Portorroibo (hoxe en día desaparecida polo avance da mina). A súa singularidade deriva da inscrición, xa que apareceron outras sete en distintos puntos do imperio romano (Britania, Mauritania, Italia, Numidia…) cun texto practicamente idéntico, neste caso cunha dedicación a todos os deuses e deusas. Esta ara relaciónase co emperador Caracalla. Posteriormente foi utilizada polos cristiáns como pedra consagrada, practicándoselle un loculus cuadrangular no que se introducian reliquias de mártires ou santos e que sería reaproveitada como altar. Lese: “DIS D(eabus)Q(ue)/EX INT(e)RP/RETATION(e)/ORACULI/CLARI APO/ILINIS C(-)/AD SACR/UM”.
Na desaparecida ermida de Santa Olaia tamén apareceu unha cámara funeraria.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Romanización de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4526064
Lonxitude: -7.8522474
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84