Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Cesuras
Parroquia: Figueredo (Santa María)
Lugar: Monte Medela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

No Monte Medela ou Coto de San Xoán, entre as freguesías de Paderne, Probaos, Figueiredo e Loureda, a 397 metros de altitude, érguese unha ermida construída, segundo figura sobre a porta principal, no ano 1793, onde se celebra unha romaría na honra do San Xoán Bautista. Ao seu carón consérvanse dúas laxes provenientes, ao parecer, dunha anta, unha a ras do chan e practicamente tapada, e a outra fincada, segundo deixou escrito don Francisco Vales Villamarín, por térense considerado un marco divisorio entre as parroquias de Loureda e Paderne. Ao parecer, outros esteos fron reutilizados no adro, e a tampa crese que pasou a enlousar o piso do palco da música próximo, pechado na actualidade e convertido nunha caseta. O marco foi utilizado como obxecto de culto ao que se lle atribuían propiedades milagreiras, práctica que levou á Igrexa a erixir a ermida.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Vales Villamarín, F.: No Anuario Brigantino, 1999: El Marco del Monte Medela.

Círculos líticos e pedrafitas de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/circulos-liticos-e-pedrafitas-de-galiza_09.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1661386588
Lonxitude: -8.2639893
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84