Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: Mallou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Típico muíño de rodicio, sinxelo e elemental, de planta rectangular de 4 x 5 metros e cos muros de cachotaría, nos que se abre a porta de entrada como único van, ademais do necesario para dar paso á auga da canle do Rego de Mallou. No interior consta de dúas estancias, cousa pouco usual nos muíños galegos pero non neste concello, unha de acceso e outra para a moa. Cúbrese a unha auga con tella do país, levando un destacado beirado de pedra, sobresae da súa fachada un pousadoiro para os cestos. O estado deste muíño é de total abandono pero recuperable.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8066819419
Lonxitude: -9.09780919561
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84