Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Rúa de Santa Clara
Outra denominación do ben: Cruceiro do Convento do Carme
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular rematado cun bocel e mediacana. Ten unha inscrición o seu arredor. O varal é cadrado achafranado que sostén un capitel cuadrangular moldurado. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e con remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e bendecindo con ámba-las mans. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe co Neno no colo. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8852955896
Lonxitude: -8.54119032626
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84