Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Vilanova - Allariz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de Vilanova, gótico de finais do s. XVI, que xunto ós situados en San Isidro e nos dous laterais da igrexa de San Benito, na Barreira, constitúen o conxunto máis interesante de Allariz.
Sobre grada de tres chanzos de sección cadrada feita en granito, sitúase a base troncocónica de sección cadrada, rematada con molduras circulares. Sobre a que sae un varal con sección cilíndrica e acanalado verticalmente, con coroa de espiñas no fondo, no centro e na cima. Rematado en capitel moi decorado con caras de anxelotes nos catro lados.
Na parte superior, a cruz figurativa recolle, en un lado a Cristo crucificado e no outro a Piedade, a Virxe co corpo do seu Fillo morto no seu colo. E nos extremos dos brazos da cruz, e nos medallós circulares, representase o que se identificou como o tetramorfos, conxunto dos símbolos dos catro evanxelistas.
Estes cruceiros construíronse en 1579 en busca de protección contra a peste e colocouse un diante de cada parroquia.
Os de San Pedro e San Estevo trasladáronse no século XVIII a San Benito e o de Santiago a San Isidro. Só este de Vilanova mantén o seu emprazamento orixinal.
Atopámolo a escasos metros da igrexa románica de Vilanova, preto da ponte do mesmo nome.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Imaxe de 1973:

Allariz 1973 - Crucero de Villanueva


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1913326564
Lonxitude: -7.80298858881
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84