
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castelo,
Concello: Monforte de Lemos / Terra de Lemos (comarca)
Parroquia: Monforte
Lugar: Monforte de Lemos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Situado no “Mons Fortis”, dende o alto deste outeiro domínanse todas as terras dos arredores. De aí que fora o sitio perfecto para construír esta fortaleza no século XIII.
A familia Castro foi a dona do castelo dende que no ano 1332 Afonso XI cedera o castelo a Pedro Fernández de Castro.
Os ataques das Guerras Irmandiñas destruíron o castelo, pero cando o Conde de Lemos volveu ser dono das terras en lugar de executar ós rebeldes, obrigounos a reconstruír as fortalezas derruídas.
Do antigo conxunto fortificado aínda se conserva parte da muralla, algúns cubos defensivos e sobre todo a Torre da Homenaxe, unha atalaia de 30 m de altura, 13 m de lado e muros de 3 m de grosor.
Das dúas portas que quedan, a principal, a Porta Nova (s.XV) está franqueada por dous torreóns o primeiro de mampostería e o segundo de sillares. Un arco de medio punto rompe a manpostería. A outra porta chamada da Alcazaba (s.XIII) abríase a unha pequena xudería.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.524020594467395Lonxitude: -7.510957717895508
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
adela suma says:
Out 1, 2011
A muralla e torre do homenaxe de Monforte de Lemos aparecen recollidas no inventario
das Normas Complementarias e Subsidiarias provinciais (o concello ten por planeamento
vixente unhas N.S.P. de 1985):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/LUGPA004.pdf
adela suma says:
Out 1, 2011
As N.S.P sufriron unha modificación puntual (1998) na zona de San Vicente do Pina
para a realización dun parador (ámbito da torre):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONFORTEDELEMOS/documents/0618NO001.pdf
adela suma says:
Out 1, 2011
Por último engadir que Monforte de Lemos foi declarada conxunto histórico-artístico en 1973;
o catálogo en liña da Consellería de Cultura e Turismo ten ficha deste BIC:
http://www.patrimonio.org/catalogo/ben.php?id=135&lg=gal