Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Oleiros
Parroquia: Perillo (Santa Leocadia)
Lugar: Perillo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa con planta de cruz latina cunha capela engadida posterior, que pecha a cruz do lado do evanxelio. No mesmo brazo do cruceiro engadíuselle tamén unha torre. Os seus muros están construídos en mampostería, recebada e encalada agás nas molduras da porta, esquinais, vans e campanario que son de cantería. O interior está cuberto por unha bóveda de arestas na nave principal con arcos faixóns apoiados en semicolumnas. A fachada do cruceiro esquerdo é de cantería, tendo unha porta alintelada con molduras e sobre ela unha pedra armeira con penacho onde distinguimos as súas familias: No segundo cuartel amostranos a familia dos Andrade coa banda engolada en cabezas de dragantes, no terceiro cuartel a familia Figueroa: cinco follas de figueira e no cuarto cuartel semella a familia dos Bermúdez co cuartel xaquelado. Aos lados do escudo sitúanse unhas xanelas rectangulares abucinadas. A fachada principal é moi sinxelo, seguendo un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, de abaixo arriba, sitúase a porta principal alintelada con moldura de orella e encintado das doelas. Maís arriba sitúase unha xanela rectangular abucinada. Rompendo o vértice do pentágono, un basamento rectangular onde se apoia a espadana de dous corpos, o primeiro formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares moldurados que serven para aloxa-las campás. O segundo corpo fórmao un frontón curvo partido rematado e coroado por unha cruz de pedra.
A fundación da igrexa consta xa no ano 1182 sendo nun primeiro momento dependente do mosteiro de San Paio de Antealteres de Santiago de Compostela.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca501.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OLEIROS/documents/26746ca502.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3347227954
Lonxitude: -8.37249428035
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84