Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lousame
Parroquia: Toxos Outos (San Xusto)
Lugar: Toxos Outos
Outra denominación do ben: Mosteiro de Toxosoutos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Mosteiro benedictino creado no ano 1129 onde xa existía unha pequena ermida dependente do mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago de Compostela. Foi consagrada no ano 1135 polo arzebispo Diego Xelmirez, e nos anos seguintes aumentou o seu patrimonio coas doazons reais, eclesiasticas, da nobreza e de pequenos proletarios, primeiro dentro da comarca e logo en toda a xeografía galega e tamén en outras zoas de España e Portugal, para converterse nun dos máis poderosos mosteiros da época.

A reforma monástica feita polos reis católicos e a desastrosa xestión de Don Diego de Muros (Bispo de Tui e abade de Santa María de Sobrado) levaron a súa anexión o mosteiro de Sobrado en 1504, co cambio a orde do Cister. Nos séculos XVII e XVIII recuperou parte do seu esplendor, pero a invasión napoleónica e despois a exclaustración en 1835 provocaron a sua ruina definitiva.

No ano 1921 o párroco local, co consentimento do arzobispado compostelán, vendeu o que quedaba do claustro románico do século XIII o vizconde de San Alberto para a súa instalación no pazo que construía perto de Noia (Pazo da Pena do Ouro) Na igrexa actual soamente quedan algúns restos ornamentais.

Na parte de atrás tamén conta cunha fermosa fervenza.

Diante da igrexa, aproveitando parte das antigas dependencias hai unha cafetería, dende a cal se pode cruzar o río pra facer a ruta de sendeirismo “ríos san xusto e vilacoba”. Xusto nesta ponte hai como curiosidade unha rocha cun símbolo que representa o sol cunha lua e unha estrela no seu interior.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.81180508609865
Lonxitude: -8.820007145404816
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84