Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Ames
Parroquia: Agrón (San Lourenzo)
Lugar: Sandar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A edificación denominada Casa de Sandar é unha casa de planta cadrada e dúas alturas con engadidos ao seu redor, a modo de alpendres, e outro que parece un patio cara o interior. A casa está case en estado de ruína, pero conserva en bo estado os muros, sobre todo no corpo que dá cara á estrada. Estes muros están feitos de perpiaños cuadrangular e de maior tamaño, con respecto ao resto da vivenda. No que dá ao norte podemos ver un escudo de armas. No libro de Pérez Constanti, Linajes Galicianos, froito do estudo de arquivos de antigas casas galegas, podemos ler a descrición desta pedra armeira na casa pertencente a Don Antonio Durán Figueroa y Varela “ .. dueño de la casa de Sandar en San Lorenzo de Agrón y las de Esparís y Tines en la jurisdicción de la Mahía y Tierra de Soneira,”. Segundo nos informa o autor, amosa os símbolos dos Durán, un pau ou bastón metido nas ondas de río ou mar con tres castelos, o dos Suárez, un castelo enriba dunha ponte e unha aguia, o dos Figueroa representado por cinco Figueiras e o dos Acuña, cinco pequenos escudos con orlas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Arquivo do Libro “Linajes Galicianos” de Pérez Constanti
http://www.realacademiagalega.org/imaxin-boletins-web/paxinas.do?id=769&d-447263-p=2


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.881043001
Lonxitude: -8.70660871267
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84