Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra / Pontevedra (comarca)
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: A Ponte - A Ballota
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro que nace sobre unha base cúbica coas arestas rebaixadas, no que podemos ver unha inscrición en mal estado co ano de fabricación do mesmo: 17(¿)6.
O seu varal circular remata nun colarino e, máis arriba, unha cruz tipo latina cos brazos potentados. Nel podemos ver un pano de pureza

O cruceiro foi movido de sitio no ano 1941 (a data figura gravada no pedestal, xusto na cara contraria á que leva a data de execución), por mor das obras de asfaltado.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/cruceiro-da-ballota/
https://cruceirosdegalicia.xyz/3603832.html

BIBLIOGRAFÍA
REBOREDA CARREIRA, Alberte (Coord.): “Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio”. Concello de Pontevedra. 2008.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3482124896
Lonxitude: -8.6078672111
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84