Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ancares (comarca) / Pedrafita do Cebreiro
Parroquia: O Cebreiro (Santa María)
Lugar: O Cebreiro
Outra denominación do ben: Santuario de Santa María a Real
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Como entrada en Galicia dos peregrinos que percorren o Camiño Francés, esta igrexa estivo sempre ligada ó culto xacobeo. Santa María a Real é unha igrexa prerrománica, do século IX.Trátase do monumento máis antigo da ruta xacobea integramente conservado, aínda que a actual fachada non é a orixinal. Nas inmediacións había un mosteiro do que tan só se conserva a igrexa.
A súa estrutura interna confórmana tres naves separadas por piares e rematada en triple cabeceira.
No seu interior consérvase unha pila bautismal de inmersión e gárdanse como reliquias un cáliz do séc. XII, que algúns teñen polo Santo Grial, e a patea, ademais dunhas ampolas de cristal de rocha bañadas en plata doadas por Isabel a Católica cando pasou por aquí en 1486.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Segundo contan, nos días de néboa os monxes facían sonar a campá para orientar ós camiñantes perdidos.
Conta a lenda que un milagre aconteceu neste templo. Había un veciño que sempre ía a misa, malia que chovese, tronase ou nevase. O cura ríase del. Pero un día, cando recibía a eucaristía, o pan converteuse en carne de verdade e o viño en sangue.
Tamén se di que os sepulcros antropomorfos que hai no templo son o do sacerdote e o do campesiño. Este milagre fixo pensar que se tratase do Santo Grial. O escudo de Galicia fai referencia a esta lenda.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.707897328568215Lonxitude: -7.043341398239136
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Out 6, 2011
Engadir coma información adicional o enlace á ficha do catálogo
do PXOM de pedrafita do Cebreiro (2010) deste santuario:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PEDRAFITADOCEBREIRO/documents/27308CA130.pdf
Manuel Rial says:
Mar 5, 2012
Engado a ficha da vila do Cebreiro
http://patrimoniogalego.net/index.php/2012/03/o-cebreiro/
Alexandre Oliveira says:
Ago 6, 2016
Olá! Son brasileiro e fareilo Camiño Francês o vindeiro Marzo 2017. Quero saber se hai horários de servizo relixioso na Igrexa de Santa María do Cebreiro.
Xabier Moure says:
Ago 6, 2016
Olá. En marzo, polo Cebreiro é época de neves e, polo tanto, ao ser inverno o número de peregrinos é moito menor que calquera outra época do ano, mesmo o santuario non está aberto todo o día. O mellor é que uns días antes de vir chames a información. O número de teléfono é o 982 367 025.
Saúdos.