Outra fotografía:

Tipo de ben: Mina,
Concello: Laza
Parroquia: San Pedro de Castro de Laza
Lugar: Tamicelas
Outra denominación do ben: Penedo dos Ladróns
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Segundo a arqueóloga Nieves Amado, da asociación Alto Támega, a Mina dos Mouros, ou Penedos dos Ladróns, trátase dun novo xacemento mineiro que podería datarse da época romana. Áchase ao lado do regueiro das Barxas, afluente que se xunta co Támega no Lugar de Tamicelas. A mina está moi ben conservada e ten bo acceso. Segundo describe Nieves: “A explotación é un gran afloramento, composto de distintos tipos de rocha mineralizada, fundamentalmente pizarra, esquisto, cuarcita e cuarzo. O afloramento foi baleirado dos filóns de cuarzo, quedando aberto en dous na súa parte inferior. As covas son en realidade a explotación destes filóns de cuarzo, que se baleirarían nunha etapa anterior á da parte inferior, na que algunhas covas, amortizadas, quedaron colgadas sen acceso nun escalón superior.
Pola morfoloxía externa e forma de explotación, pensamos que se trata dunha mina romana de explotación primaria de cuarzo aurífero. A lenda di que estas covas as fixeron os mouros e que tamén se agocharon aquí ladróns e outros fuxidos despois da guerra civil (en realidade deberon ser algúns dos maquis que se movían polo Macizo Central Ourensán, Edreira, Invernadeiro e a súa contorna.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1053946506
Lonxitude: -7.49326586723
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84