Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: Monte dos Bicos, Punta Herminia
Outra denominación do ben: Petróglifo do Monte dos Bicos
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Os gravados rupestres da Pedra do Altar foron descubertos por Alfredo Mº. de la Iglesia, en maio de 1895. Conteñen numerosas cruces, varias inscritas en círculos, cruces con base circular e algunhas figuras humanas moi esquematizadas. A pedra onde está o gravado posúe unha forma irregular tendo unhas medidas duns 5 metros de longo e 80 centímetros de alto e uns 45º de inclinación cara so suroeste. O gravado está situado a uns 75 metros de altura sobre o nivel do mar tendo un estado de conservación malo debido, ademais da erosión natural, ós múltiples impactos de bala ós que foi sometida a pedra cando os terreos nos que se empraza estaban baixo xurisdicción militar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA15030008
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BELLO DIEGUEZ, J.M.: “La Coruña antes de Roma, prehistoria”. Vía Lactea editorial. (páxs. 45-55).
DE LA IGLESIA GONZÁLEZ, F.M.; DE LA IGLESIA, S.: Arquivo familiar de “De La Iglesia”. Real Academia Galega.
TETTAMANCY GASTÓN, F.: “La Torre de Hércules”. Edición facsimil de 1991. Editado por Librería Arenas, A Coruña.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ACORUNA/documents/27775ca302.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Non se atopa en perigo, pero o recinto que o garda consiste nunhas pilastras de madeira cunhas cadeas de ferro. Polo fronte da pedra, sur-suroeste, as cadeas aínda se manteñen en pé pero no resto as cadeas están tiradas no chan, norte, leste e oeste. Algunhas pilastras están tiradas e unha rota, polo que a xente, sobre todo os nenos, pasan por encima da pedra, aínda que a gravura está nun lateral sendo raro que as pisen e moi doado que así sexa facendo co seu desgaste sexa moi grande. Por iso, deberíase restaurar este valado, facendo ver que non se pode pisar e así deteriorar estes gravados rupestres.


Onde está localizado

Latitude: 43.3876102932
Lonxitude: -8.39891910553
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84