Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Lousame
Parroquia: Vilacova (Santa Eulalia)
Lugar: Coto do castro (O castro)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro atópase nun outeiro dun esporón do río de Vilacova e a carón da súa marxe esquerda. Está moi cerca da antiga fábrica de papel de Domingo Fontán, en cuxa obra se empregou moita pedra procedente do asentamento. Unha rampla de acceso penetra cara o interior polo lado norte e atravésao transversalmente. Na vertente noroeste hai ata catro niveis de aterrazamento con restos de muros.
A croa ten forma elíptica, sendo o eixo maior, que ten dirección noroeste-sueste, dunha lonxitude de 80 metros, e o eixo menor, nordés–suroeste, duns 60. A altitude é de 78 metros. Un rexo terraplén de 15-20 metros de altura rodeaba o asentamento, pero foi esborrallado, ao igual que os parapetos.
Máis arriba do cauce deste río de Vilacova están os castros de Comparada e Servia.
O folclore fálanos dunha “fortaleza celta”, e de mouros e vikingos coma os seus moradores, ademais de mencionar unha importante batalla neste lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15042007
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LOUSAME/documents/0206CA004.pdf Pax 6
Agrafoxo Pérez, Xerardo. Carta Arqueolóxica do Partido Xudicial de Noia (Terra de Barbanza). Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía, Facultade de Xeografía e Historia) Santiago 1981.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.792849861
Lonxitude: -8.8460111618
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84