Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Allaríz
Parroquia: Allariz (Santiago)
Lugar: Allariz – Praza Maior
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

A Paneira era un monte de piedade, institución de crédito agrícola en funcionamento entre os séculos XV e XVIII.
Este nome deriva de que a zona de Allariz en épocas antigas foi considerada “la panera de Galicia” pola gran produción de cereal que tiña aínda que non se aproveitaba totalmente pola falla de camiños de comunicación co resto do territorio.

Situase na praza Maior de Allariz, con unha orixinal fachada de pedra, en sillares de granito ben labrado, con unha singular fonte de dous caños gorecida baixo o arco de entrada, a cal se sitúa sobre unha pequena escalinata que salva o desnivel da praza.
Dita fonte está decorada con varios motivos no medio de dúas falsas columnas, entre os que destaca unha A de Allariz no interior de unha coroa vexetal. Ao carón de esta fonte está a porta de entrada alintelada de dobre folla de madeira. No andar superior ten dúas portas con vidreiras que aparentemente daban a un corredor que debeu ser eliminado.

Nela estivo un monte de piedade ou pósito, a cargo do concello, na casa que conserva o nome de Paneira reuníanse sobre 800 fanegas de centeo para repartir ós pobres para a sementeira, no mes de maio, e recadábanse de novo en agosto, ca colleita, con un aumento de un “cuarto” ou “cuartillo” (sexta parte do ferrado ou 30ª da fanega). É para presumir, que non existen antecedentes de outra obra pía tan benéfica.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Casa A Paneira en Allariz


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1902058669
Lonxitude: -7.80186340213
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84