Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Cuntis
Parroquia: Arcos (San Breixo)
Lugar: Furco
Outra denominación do ben: San Breixo de Arcos de Furcos
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

No adro da Igrexa de Arcos, pola parte leste, sitúanse tres relevos incrustados no muro perimetral. Trátase de tres pezas que rodean un altar procedentes, probablemente, dun baldaquino do século XV, conservando restos de pinturas e decoración vexetal. Representan o nacemento de Xesús, a Adoración dos Reis e o Desencravo trala crucifixión. Crese que se perdeu unha cuarta peza na cal se representaba a crucifixión. Á esquerda, e un pouco separada, hai outra pedra cunha inscrición en latín.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo as xentes do lugar, cando un cura nado en Arcos morre, 12 persoas han de seguilo nese mesmo ano.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.66087252062434
Lonxitude: -8.537699282169342
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84