Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Meis
Parroquia: Meis ( San Salvador )
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Na igrexa de San Salvador de Meis consérvanse catro pezas procedentes dun baldaquino. Están incrustadas no exterior do muro que circunda o adro, na praza anexa. Tres delas dispóñense ao redor da coñecida como Fonte de Ceán, mentres que a cuarta sitúase a uns metros á esquerda.
En cada relevo represéntanse as seguintes escenas:
O Nacemento de Cristo: con san Xosé á esquerda, a mula e o boi sobre a moldura do arco, o meniño Xesús no seu presebe de pallas e a Virxe axeonllada á dereita.
A Adoración dos Reis, cos tres reis magos á esquerda, o central sinalando a estrela que os guía e o máis adiantado entregando os regalos; a Virxe en maxestade, sostendo no colo a Xesús, e San Xosé á dereita.
O Descendemento, co corpo de Cristo centrado, sobre o colo da Virxe María, dous santos varóns a ámbolos lados, un sosténdolle a cabeza e outro os pés, e á dereita San Xoán.
Na cuarta escena, situada aparte dos outros relevos, represéntase un cabaleiro a cabalo, á dereita, que se enfronta a outra figura de pé situada á esquerda. Identificada por algúns autores como a Batalla de Clavijo, outros non ven fácil a súa descrición.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.497249367559036
Lonxitude: -8.727342188358307
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84