Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Faramontaos (Santa María)
Lugar: Eiradela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Peto de ánimas de tipo pechado de fornela de arco rebaixado, cun retablo enreixado sobre unha repisa no que podemos ver unha representación policromada de San Francisco cun grupo de oito ánimas.
Por riba do retablo aparece a seguinte inscrición:
“ESTE HORATORIO SE HIZO A LA CUENTA DEL PUEBLO 1867″

O conxunto está coroado por un cruceiro coa figura de Cristo e dous pináculos con figuras humanas. O da esquerda parece un home axeonllado rezando a Cristo e o da dereita é unha especie de guerreiro que se arma con escudo, que fai de esfera para o reloxo de sol. Nos ángulos superiores aparecen cabezas de anxos.

Atópase na praza de Eiradela facendo conxunto coa capela da Nosa Señora das Dores e a fonte.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA008.PDF (Páxinas 9 a 11)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA001.PDF (Páxina 7)
http://www.nogueiraderamuin.com/#
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17794&ctre=56&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
Barriocanal Lopez, Yolanda. Arte popular: Los petos de animas (Boletin avriense. Anexo). Museo Arqueoloxico Provincial Ourense. 1985
Unha referencia bibliográfica deste peto:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3899641312
Lonxitude: -7.74062924087
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84