Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: O Barco de Valdeorras
Parroquia: O Barco (San Mauro)
Lugar: O Barco - Paseo Malecón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Elemento formado por columna de cantería de granito de varias pedras superpostas, en sección cadrada, con molduras decorativas. Rematada en reloxo de sol, con placa explicativa de como calcular a hora dependendo da época do ano. Sobre os sucos das horas ten gravada a data de 1849.
Ao pé pía que recolle a auga que sae pola boca de unha ra metálica, dun diámetro dun metro aprox. Feita en aglomerado rochoso natural, moi común na zona.
A poucos metro a cada lado sitúanse dúas pesas de prensas de aceite, do mesmo material que a pía.
O conxunto decora o paseo do Malecón á beira do río, ao carón de pequeno murete que separa o paseo da rúa.
Nos elementos que conforman esta orixinal fonte, un dos sinais de identidade do pobo, encontramos tres procedencias distintas:
O bloque de granito superior que remata nun reloxo de sol era parte da fonte que aínda existe (pero sen acceso) baixo a Praza Vella. Cando a praza (que antes chegaba ata o río) foi aterrazada, a fonte pasou a ser subterránea e alí, á sombra, un reloxo de sol non cumpría a súa función.
Da pía de pedra, feita en aglomerado da zona, temos dúas posibles procedencias. Unha dinos que era a pía bautismal da primitiva igrexa de S. Mauro (esta igrexa estaba onde a actual, pero era máis pequena coa entrada polo lado contrario). A outra hipótese di que era parte de un muíño de aceite romano traído de Valencia do Sil.
Por último a ra de ferro era parte de un antigo xogo popular de puntería que consistía en introducir pezas metálicas na súa boca desde unha distancia. Esta en concreto entretivo durante moitos anos aos barquenses nun bar da Praza Vella pertencente a familia Páramo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.panoramio.com/photo/37527593


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.415265
Lonxitude: -6.985763
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84