Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: A Carballeira (San Xosé)
Lugar: A Seara do Río
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Edificación de principios do século XVIII, feita a base de perpiaño granítico escuadrado e encintado. Esta pedra formaba parte do antigo Mosteiro de San Vicente. A teitume é a catro augas con cornixa de pedra que a percorre na súa maior parte. Posúe dous andares.
O pazo ten planta en U con patio interior rectangular, e torre tamén rectangular no ángulo Sureste. Atópase rodeado por unha solaina en tres dos seus lados.
Na fachada principal aparece a porta principal de aceso. No lateral podemos ler a seguinte inscrición:
“SIT NOMEN d(omi)NI B(e)N(edic)TUM
EX NUN(c) ET USQ(ue) IN SE (sic)(cula)
HIZO (esta obra) DON JOSEPH DE ULLOA SOMOZA
EL AÑO 1717”
A fachada orientada ao Noroeste posúe tres portas. Unha delas contén unha fornela barroca coa imaxe de Santo Antonio. Outra porta contén un escudo nobiliario. A fachada do Noreste non ten porta, e contén outro escudo.
O conxunto atópase rodeado cun muro alto.
Ademais do pazo, tamén existe unha capela de planta rectangular e espadana sinxela, un pombal e diferentes edificacións auxiliares.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA005.PDF (Páxina 20 a 31)
http://www.nogueiraderamuin.com/#
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=9430&ctre=36&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
Rivera Rodríguez, María Teresa. “Pazos Ourensanos”. Edilesa, Caixanova. 2000


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4170053331
Lonxitude: -7.77328848839
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84